Envío gratuito a partir de 45€

Lote Ritual de Frores

29,00 

Beleza natural dende o bosque ata a túa pel | Ritual de calma e coidado | Cosmética galega vexetal

50 dispoñibles

O Lote Ritual de Frores combina o tónico calmante de flor de sabugueiro coas flores secas para crear un espazo de coidado consciente, natural e relaxante. Un pack ideal para quen busca mimarse de forma sinxela, suave e sostible.

Especial para peles sensibles ou con tendencia a irritación
Elaborado con auga termal galega (Baños de Molgas)
Sen perfumes, sen glute, 100% natural e BIO

  • Rutinas de beleza e relaxación
  • Baños de vapor, compresas ou infusións suaves
  • Agasallos ecolóxicos con alma
  • Coidados slow para peles delicadas

Aplica o tónico de flor de sabugueiro sobre o rostro limpo, mañá e noite. Para infusións ou baños de vapor, engade unha culler de flores secas auga quente e deixa repousar tapado 10 minutos. Tamén podes empregar as flores en locións ou tónicos naturais.

Conservar nun lugar seco e fresco. Non consumir en caso de alerxia a Caprifoliaceae.

  • Calma e desconxestiona a pel
  • Rehidrata e tonifica
  • Efecto astringente suave
  • Ideal para beleza natural e consciente
  • Sen perfumes nin alcol engadido

  • Tónico facial calmante de flor de sabugueiro – 100ml
  • Flores secas de sabugueiro europeo – 40g

Presentado en caixa branca Sabugalia. Un agasallo perfecto de natureza e benestar.