Envío gratuito a partir de 45€

Bagas de sabugueiro BIO deshidratadas – 140g

9,00 

100% Natural | BIO | Vexetais | Sen glute | Cultivo galego e do norte de Portugal

50 dispoñibles

Bagas maduras de sabugueiro europeo (Sambucus Nigra L.) deshidratadas a baixa temperatura para conservar todos os seus principios activos. Cultivadas de forma sostible en Galicia e o norte de Portugal, estas pequenas bagas negras son un superalimento tradicional con múltiples usos e beneficios.

Produto ecolóxico certificado, sen aditivos.
Collidas no seu punto óptimo de maduración.
Sabugalia traballa só con sabugueiro europeo (non híbrido).

  • Persoas que buscan reforzar o sistema inmune de forma natural
  • Elaboración de infusións, marmeladas, xaropes ou cosméticos caseiros
  • Regalos sostibles e con identidade galega
  • Fitoterapia, saúde natural e autocuidado

Uso interno: Cocer 1 cullerada de bagas secas en auga durante 10-15 minutos. Coar e beber como infusión ou empregar para preparar xaropes, marmeladas, sobremesas ou licores.
Uso externo: Macerar en aceite ou alcol para facer tónicos, extractos ou cosmética natural antioxidante.

Conservar nun lugar fresco e seco. Non consumir crúas. Cociñar antes do seu uso.

  • Refórzante natural do sistema inmunitario
  • Alto poder antioxidante
  • Actividade antiviral e antiinflamatoria
  • Axuda contra catarros e procesos gripais
  • Propiedades depurativas e dixestivas
  • Benestar xeral e coidado natural

Bagas maduras deshidratadas de sabugueiro europeo (Sambucus Nigra L.)
Orixe: Galicia e norte de Portugal
100% natural, vegano, sen glute, BIO.

Bolsa kraft compostable con peche tipo zip.
Peso neto: 140g