59,00 €
A experiencia Sabugalia ao completo | Coidado integral | Regalo con alma galega
50 dispoñibles
O Lote Natureza Completa é a expresión máxima do universo Sabugalia. Reúne os catro produtos esenciais para conectar coa natureza, mellorar o benestar e coidar da pel con ingredientes ecolóxicos do sabugueiro europeo.
Beleza, saúde e tradición nun só pack
Cosmetica natural galega sen aromas engadidos
Sabugueiro BIO de Galicia e norte de Portugal
Emprega o tónico de flor de sabugueiro para calmar e tonificar a pel cada mañá. O tónico de bagas é ideal para revitalizar e achegar antioxidantes á pel madura ou apagada.
As flores secas poden usarse en infusións, baños ou tónicos calmantes. Coas bagas deshidratadas, prepara infusións inmunoestimulantes, xaropes ou sobremesas saudables.
Presentado en caixa de agasallo Sabugalia. Un ritual completo da natureza galega para regalar ou regalarse.
Aviso legal | Política de privacidade | Política de cookies | Condicions de venta
Web desenvolvida por Linckia