A primeira plantación de sabugueiro ecolóxico en Galicia

plantacion-sabugueiro1-1024x692

No ano 2016, despois das primeiras probas con sabugueiro silvestre e de ver a aceptación que tiñan os produtos, tomamos unha decisión que xurdía da nosa maneira de entender o rural e que formaba parte do camiño que tiñamos debuxado para Carabuñas: crear a primeira plantación de sabugueiro ecolóxico en Galicia.

Situada en Vilar de Santos, na provincia de Ourense, ten 7.000 metros cadrados de extensión e conta con 500 plantas de sabugueiro. Escollemos, por suposto, a variedade autóctona: Sambucus Nigra L, Variedade Atlántica (Galicia e Norte de Portugal).

Unha aposta pola produción ecolóxica

En Carabuñas, como outros pequenos proxectos do rural galego levamos a sostibilidade máis alá das redes sociais. Aproveitar os nosos recursos sen coidar o medio do que vivimos é sabugueiro para hoxe e fame para mañá. Para nós non ten sentido.

Unha plantación ecolóxica significa que debemos prescindir de herbicidas e pesticidas, que durante tres anos e antes de poñer a primeira planta, non podemos empregar ningún produto químico non autorizado. Paga a pena facelo desta maneira.

Traballos e coidados

Estes días (finais de novembro, principios de decembro) estamos ca poda na plantación. Unha parte do traballo fundamental para obter o produto que queremos. Despois da poda facemos o abonado de inverno, última tarefa do ano. Para comezar ca recolección cómpre agardar pacientes ata a primavera.

A finais de maio ou no mes de xuño recollemos a flor ca que elaboramos a xelea, a flor deshidratada pensada para tomar como infusión ou a cervexa de flor de sabugueiro. Para recoller o froito co que elaboramos as marmeladas ou o licor, entre outros produtos, temos que esperar ata o mes de agosto.

Ademais de podar, abonar e recoller cómpre regar no verán se as plantas nolo piden. E temos a sorte de non ter moitos problemas de plagas ou enfermidades. Por último, a nosa relación cas torcazas que nos visitan é positiva e de muto entendemento.

Dende o momento da plantación ata que recollemos por primeira vez poden pasar entre tres e catro anos. Moito menos tempo do que pensamos seguir coidando os sabugueiros e dándolles forma de marmelada, cervexa ou de calquera novo produto que poida xurdir nos próximos anos.

Suscríbete a nuestra newsletter y disfruta de un 10% de descuento

¿Eres una empresa y necesitas más información?