Un estudo impulsado por Carabuñas demostra as propiedades medicinais do sabugueiro

sabugueiro2-1024x651

En Carabuñas desenvolvemos recentemente un estudo co obxectivo de determinar a composición das bagas e as flores do sabugueiro. Fíxose unha exahustiva análise fisico-química que concluíu que este arbusto, tan presente nas nosas paisaxes, ten un alto contido en compostos fenólicos e que a súa capacidade antioxidante é comparable a outras froitas como o maqui, e superior á que posúen os arandos ou as bagas de açai. Por este motivo, as aplicacións para a saúde en forma de complementos alimenticios, ingredientes nutracéuticos ou como materias primas para a industria farmacéutica, son cada vez maiores.

Son as conclusións extraídas do Plan de Innovación realizado coa colaboración de ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas) e co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Traballo cofinanciado polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 da Unión Europea, “Un xeito de facer Europa”.

O sabugueiro é un dos recursos máis abundantes e menos aproveitados en Galicia e, ademais, está moi presente na nosa cultura. Ten presenza en rexións do mundo como Europa, Asia, o norte de África ou Estados Unidos. Os seus estratos empréganse como colorantes e aromatizantes na industria alimentaria grazas á súa composición fitoquímica. As súas bagas compóñense principalmente de azúcares, ácidos orgánicos, antocianinas e quercetinas. Estes dous últimos compoñentes forman parte do grupo dos flavonoides que lle dan as propiedades antioxidantes, antiinflamatorias e inmunoestimulantes.

A aposta de Carabuñas responde á demanda crecente de alimentos saudables, ingredientes procedentes de fontes naturais e con propiedades demostradas cientificamente.

Un paso máis en investigación

Un dos obxectivos do plan de innovación é favorecer a expansión da empresa e abrirse a novos mercados. A primeira parte consistiu na implementación de protocolos de traballo para a xestión da I+D+i e o seguemento tecnolóxico baseado na aplicación dos requisitos e directrices establecidos na Norma UNE 166002:2014. Desta maneira, corriximos unha serie de deficiencias organizativas e aumentamos o retorno dos procesos de innovación, ademais de fomentar a competitividade e a internacionalización do proxecto.

Por último, tamén traballamos no desenvolvemento de produtos e procesos co fin de poñer en valor as propiedades saudables do sabugueiro e buscar novas estratexias de diversificación.

Suscríbete a nuestra newsletter y disfruta de un 10% de descuento

¿Eres una empresa y necesitas más información?