Propiedades e usos da flor de sabugueiro.

WhatsApp-Image-2021-05-02-at-20.57.27-1-1024x768

Dende abril até xuño podemos atopar flores de sabugueiro polo campo. Resúltanos difícil escoller cal é a receita favorita con flor de sabugueiro como base. Ao longo dos últimos anos, a investigación científica comezou a interesarse por algunhas das propiedades saudables que se lle viñan atribuíndo ao sabugueiro. As evidencias foron consistentes, das  cales moitas xa proviñan do coñecemento tradicional. O sabugueiro é unha importante fonte de antioxidantes así como un bo aliado contra procesos gripais e catarrais. Adéntrate a descubrir as propiedades e usos da flor do sabugueiro.

Infusión de flor de sabugueiro:

Facer unha infusión de flor de sabugueiro é moi fácil. Con 2 culleradas de flor de sabugueiro, ademáis de desfrutar do seu adozado e peculiar sabor, poderemos comprobar como combate contra as gripes e catarros. Así o explica este artigo de GCiencia Sabugueiro, o antigripal da natureza. Como ben din,  os seus flavonoides provocan a estimulación do sistema inmune

Contribúe a expulsar todo tipo de toxinas e refugallos que o noso corpo non precisa. Demostrado está tamén que combate o estreñimento, aumenta a sudoración e limpa o sangue de impurezas. Ademáis, o seu uso é moi efectivo cando se trata de diminuír a inflamación das enxivas e a gorxa. Enfermidades como o reumatismo ou a artrite poden ver tamén os seus síntomas aliviados a través das flores de sabugueiro.

Podemos empregar esta infusión tamén (a través de lavados ou compresas) para tratar as dermatoses, feridas, queimaduras… Incluso conxuntivite! En Celanova está documentado o seu uso contra a erisipela, e en Lourizán (Pontevedra) contra o xarampón.

Derrubando o mito de que “o sabugueiro non se come”.

Cada vez son máis as evidencias que falan das propiedades beneficiosas do sabugueiro para a saúde das persoas e dos ecosistemas, permitindo que falsos mitos relacionados con que “o sabugueiro non se come” vaian esmorecendo.

Fritidas, en cremas, chulas, ou incluso tortillas. No Inventario español dos coñecementos tradicionais relativos á biodiversidade, recóllense algúns dos usos suculentos que se lle poden dar ás flores, dos cales podemos sacar un feixe de ideas onde continuar aproveitando este recurso tan aburante no noso territorio.

Nós, no noso caso, decidimos empregalas para elaborar xelea, cervexa e infusión de flor. Tamén temos a disposición flor fresca ecolóxica para toda persoa que queira experimentar e non teña flores de sabugueiro a man. Podédelas atopar na nosa web.

Suscríbete a nuestra newsletter y disfruta de un 10% de descuento

¿Eres una empresa y necesitas más información?